05 diciembre 2006

EXAMEN 1º D Pregunta 1

1. Compón un tema co título:
A crítica das teorías contractualistas ó modelo político absolutista.
Lembra que debes contextualizar túa argumentación no tránsito do Antigo ó Novo Réxime.Deberás redactar un texto ben artellado e servirte (mediante citas deles) dos textosNon esquezas introducir brevemente e ordenar as ideas. (5 ptos)

“O poder soberano reside únicamente na miña persoa(…) A orde publica emana de min toda enteira, e tamén os dereitos e intereses da nación (…)repousan nas miñas mans”. Luís XV de Francia.1766

“A monarquía é a forma de goberno… que ten seu fundamento, o seu modelo, no imperio paterno. Os homes nacen todos súbditos, e o imperio paterno, que lles ensina a obedecer, afainos tamén a non ter máis ca un xefe(…) Pensade no príncipe no seu gabinete. De alí parten as ordes que fan actuar ós soldados, ós cidadáns, ás provincias. É a imaxe de Deus, quen, sentado, no seu trono máis alto dos ceos, fai funcionar toda a natureza”. Bossuet.1679

“Sempre que un certo número de homes se unen nunha sociedade renunciando cada un deles ao poder de executar a lei natural cedéndoa á comunidade, entón e só entón constitúese unha sociedade política ou civil. Este feito prodúcese sempre que certo número de homes que vivían no estado de natureza se asocian para formar un pobo, un corpo politico, sometido a un goberno supremo (…) Locke 1690

“Sostemos coma evidentes, por si mesmas, estas verdades: que tódolos homes son creados iguais; que son dotados polo seu Creador de certos dereitos inalienables entre os que sen contran a vida, a liberdade e a percura da felicidade; que para garantir eses dereitos institúense entre os homes os gobernos, que derivan seus poderes lexítimos do consentimento dos gobernados; que sempre que unha forma de goberno se faga destructoras deses principios o pobo ten dereito a reformala ou abolila…” Declaración de Independencia EEUU, 1776

“ Art. 3 O goberno está ou debe estar instituido para o beneficio, protección e seguridade común do pobo(…)
Art. 5 Os poderes lexislativo e executivo do Estado deben separarse e diferenciarse do xudicial”
Declaración de Dereitos de Virxinia , 1776

AS IDEAS QUE SE DEBERÁN TRATAR NO TEMA E QUE SE ATOPAN CONVINTEMENTE TRATADAS NOS DOCUMENTOS( QUE HABERÁ QUE CITAR) SON AS SEGUINTES (dende logo contextualizando os temas)

1. ORIXE DO PODER POLÍTICO.
Contraposición do modelo de poder derivado de Deus e da tradición, da providencia Divina...fronte ó modelo ilustrado de poder derivado do pacto que os homes en estado natural acordan facer para constituir os gobernos.

2. FINALIDADE DO PODER POLÍTICO
Contraposición entre un modelo que busca o ben común e a felicidade dos cidadáns fronte a outro que os considera como súbditos e que decide sen consulta o que convén ou non ós gobernados.

3. ORGANIZACIÓN DO PODER POLÍTICO
Contraposición entre un modelo de control do poder político mediante a división dos poderes fronte a outro de poder absoluto que concentra nas mans do monarca o poder todo.

4. LIMITES DO PODER POLÍTICO
Fronte o poder sen límites, absoluto, a consideración dos gobernados como súbditos (suxeitos de deberes e non de dereitos) e a inexistencia de elementos do propio sistema (leis, institucións) que limiten ó poder político; atopamos un modelo no que o poder político está limitado porque non pode traspasar nunca a "fronteira" dos dereitos das persoas e debe rexirse sempre por unha lei que lle marca os límites da súa actuación e que afecta por igual ós gobernados e ós gobernantes (Estado de dereito).

EXAMEN 1º D. Pregunta 2


2. Estabrece nun breve texto as diferencias entre o modelo de monarquía parlamentaria e constitucional. (1.5 ptos)

1. Respecto ó modelo de soberanía nacional-popular na monarquía parlamentaria fronte a compartida co Parlamento na monarquía constitucional.

2. Respecto á separación de poderes.
O executivo recae no Rei na constitucional (o rei reina e goberna) , na parlamentaria no goberno e o Rei ten funcións principalamente de representación e arbitrais (reina pero non goberna ).
O lexislativo recae no Parlamento na parlamentaria mentres que na constitucional o Rei pode ter funcións lexislativas compartidas co Parlamento

(todo isto para contar e redactar axeitadamente)

EXAMEN 1ºD. Pregunta 3.



3. Asocia estas frases a unha das teorías sobre a definición de nación escribindo a letra que lle corresponda á súa esquerda : A: Escola liberal-voluntarista B: Escola histórico-organicista
A. Ten a súa xénese no pensamento ilustrado
A. Defende un concepto xurídico da nación fundamentado no pacto social
B. O Estado debe servir para a grandeza da Nación, ó seu servizo.
B. As nacións veñen dadas de xeito natural pola historia
B. Define ás nacións un “espírito” que se manifesta en lingua, trtradicións…
A.. Xurde como reacción ó universalismo racionalista ilustrado.
A… A nación é un corpo de asociados baixo unha lei común.
B.. A existencia de nacións é anterior ós indivíduos.

EXAMEN DE 1ºD. Pregunta 4


4. Escribe no cadro o concepto que definen as formulacións da esquerda. (1.25 ptos.)
1. Aquel modelo de Estado formado por varios Estados unidos por un pacto pero sen renunciar cada un deles ó autogoberno, a leis e institucións propias. Estado federal
2. Teoría nacionalista que tenta reunir as aportacións das teorías liberais e organico-historicistas. Sintese dos xuristas italianos
3. A situación “racional” na que o home se atopou, na orixe, como soberano de sí mesmo e só sometido ás leis naturais. Estado natural
4. O modelo de República no que o seu presidente non ten á penas funcións executivas, senón só honoríficas e arbitrais. República parlamentaria
5. O conxunto de atribucións que a un ser humano lle corresponden por dereito, polo mero feito de ser humano. Dereitos naturais
6. A lei suprema de calquera estado que debe recoller os dereitos dos indivíduos, a organización do poder político e reflexarse de xeito escrito. Constitución
7. Un modelo de poder lexislativo formado por dous reunións de representantes, un deles representando á soberanía nacional e outro. Bicameral
8. Modelo de estado no que se recoñece unha única soberanía pero que acepta que diversas unidades territoriais poidan recibir delegadas competencias de decisión política e administración. Estado unitario descentralizado
9. Modelo de nacionalismo que reivindica un Estado propio para cada nación, ben separándose de Estado máis amplos ou unificando poboacións nacionais dispersas en diversos estados. De afirmación(centrífuga ou centrípeta)
10. Concepto político empregado para recoñecer que todo poder político emana da nación no seu conxunto. Soberanía nacional