29 enero 2007

Tst sobre Restauración e Revolución. Sociedade de Clases


O vindeiro martes os de 1º E terán o tst sobre eses temas que von indico no título. Os de 1º D o terán o venres. Estudiando, que é xerundio.

20 enero 2007

O luns 29 ó Castelo de Santa Cruz. Un adianto da exposición de El Roto

19 enero 2007

O TST DA RVOLUCION FRANCSA. 19.1.007

(EN VERDE A OPCIÓN CORRECTA)

1 A Constitución de 1791 define un modelo político…
a. De República centralista
b. De Monarquía absoluta
c. De Monarquía constitucional
2. Na declaración de dereitos de 1789 estes defínense como “ do home e do cidadán”…
a. Para sinala-la diferencia entre dereitos naturais e civís
b. Pese a que o primeiro térmo(home) inclúe o segundo
c. Por ser máis radical que a de 1793.
3. A diferencia entre xirondinos e xacobinos canto ós seus apoios sociais e..
a. Que os primeiros buscan a alianza coa alta burguesía,especialmente das provincias, mentres que os xacobinos apoianse na alianza coa baixa burguesía e as clases populares urbanas.
b. Que os xirondinos teñen a súa base social na aristocracia ilustrada e nas clases populares, fronte á base social xacobina centrada na alta burguesía e no campesiñado.
c. Os xirondinos defenderon a guerra e o centralismo administrativo derivado do seu apoio na burguesía de fora de París, fronte ós xacobinos anticentralistas apoiados pola rexión de La Vendee.
4. A captura de Luis XVI en Varennes acelera…
a. A ruptura da institución monarquica coa revolución ó ser acusado o monarca de traición á nación.
b. O estalido da Revolución Francesa ó empuxar ás masas urbanas de París á toma da Bastilla
c. A anulación do réxime feudal co decreto de abolición da feudalidade de 4 de agosto.
5. A época da Convención é un periodo caracterizado políticamente por ser…
a. Unha monarquía Constitucional na que goberna un executivo formado por Comités.
b. Un estado republicano que goberna cun lexislativo unicameral e un executivo en Comités
c. Un tipo de república federal no que os Comités sustitúen ó lexislativo da Asemblea Nacional
6. O que coñecemos como revolta do privilexiados foi...
a. A oposición da burguesía ó absolutismo e á exención fiscal da aristocracia que se fixo patente no Xuramento do Xogo de Pelota.
b. A presión de nobres e cregos para que se convocaran Estados Xerais onde esperaban confirmar seu privilexio de non pagar impostos.
c. A fase posterior á revolución francesa na que a aristocracia tentou restaura-lo absolutismo e anula-los cambios da época revolucionaria.
7. O decreto de abolición da feudalidade de 4 de agosto de 1789 foi…
a. Instrumento legal que puxo fin ó réxime señorial tentando así frea-la revolución campesiña.
b. A lei que servía para definir os dereitos que correspondían ós señores e ós vasalos na nova situación.
c. O instrumento legal que define a intención de elaborar unha nova Constitución que se aparte do modelo feudal.
8. O Xuramento do Xogo de Pelota e a toma da Bastilla correspondense coa participación na revolución…
a. Dos deputados burgueses do Terceiro Estado e a as masas urbanas de París.
b. Dos campesiños da rexión de La Vendée e os deputados do Terceiro Estado
c. Dos privilexiados reunidos no Xogo de Pelota e o campesiñado do “Grande Medo”.
9. A novidade do xuramento do Xogo de Pelota é que seus participantes…
a. Eran membros só dos estamentos privilexiados, unidos para facer fronte á monarquía
b. Eran unha sección dos Estados Xerais, a que representaba ó clero ó Terceiro Estado
c. Decláranse representantes de toda a nación e acordan elaborar unha nova Constitución
10. Definir os dereitos do home como “naturais e inalienables” implica que…
a. Deben ser recoñecidos sen oposición polos reis e a natureza, pero poden ser revocados.
b. Derivan da natureza humana e só os reis lexítimos, ou naturais, poden anulalos.
c. Forman parte da natureza do ser humano e por iso non pode ser privado deles.
11. Chamamos Revolta dos Deputados...
a. Á presión que os representantes do clero e a Nobleza exerceron para evitar pagar impostos.
b. Á negativa dos deputados do III Estado a reunirse se non se recoñecía que representaban a toda-la Nación.
c. Á toma por parte dos Deputados do cárcerel de La Bastilla, símbolo do absolutismo do Rey.
12.Pola Constitución Civil do Clero...
a. Os cregos serán considerados non coma un estamento privilexiado, senon coma simples funcionarios públicos ó servicio do ben común da sociedade.
b. A Igrexa perdía seus bens que pasaban a mans da monarquía.
c. Recoñecíanse os Dereitos Humáns ós membros doutras relixións
13. As guerras da revolución e do periodo napoleónico foron importantes porque…
a. Extenderon as ideas da revolución aínda que á larga tamén estimulou o nacionalismo dos pobos contra a dominación francesa.
b. Non serviron para extender as ideas e institucións revolucionarias ó ser consideradas como froito da invasión extranxeira
c. Foron defendidas polos xacobinos e o propio Luis XVI coma o melllor modo de asenta-la revolución ou mesmo extendela.
14. No periodo do Directorio e do Consulado…
a. A política económica, inspirada polos xacobinos, é intervencionista.
b. A política económica é moi dependente dos ingresos provintes do botín das guerras
c. A política económica caracterízase polo sufraxio censitario e a soberanía nacional.
15. A expansión da Francia napóleónica fracasa ante a oposición nacionalista, especialmente...
a. En Bélxica e Rusia
b. En Rusia e España
c. En La Vendée e Rusia
16. O executivo do estado francés na época do Consulado está formado…
a. Por Dúas Cámaras, a dos Quinientos e a dos Anciáns que elaboran as leis.
b. Por un Directorio de cinco membros, iguais en xerarquía e un cónsul vitalicio, Napoleón.
c. Por tres cónsules dos cales un é “primeiro cónsul” e pasou logo a ser vitalicio na persoa de Napoleón.
17. A diferencia entre a Asemblea Nacional Constituinte e a Lexislativa é que…
a. A primeira encargase da lexislación de orde económica e a segunda das de tema político e social.
b. A primeira traballa para a redacción e aprobación dunha Constitución, a outra para o desenvolvemento desta en leis concretas
c. A primeira representa á Nación no seu conxunto, mentres que a segunda só representa ás clases burguesas relacionadas co mundo das leis( avogados, xuices…)
18. A política económica da época da Convención xacobina caracterízase por…
a. Seu carácter marcádamente liberal con intervencionismo estatal e confiscacións á nobreza
b. Rachar co liberalismo, empuxada pola situación de guerra exterior e oposición interna
c. Ser unha política liberal defendida pola baixa burguesía xacobina
19. A declaración de dereitos de 1793 …
a. Antepón a liberdade a calquera outro dereito como reflexo da ideoloxía liberal-burguesa.
b. Define en pé de igualdade liberdade e propiedade por reflexar a ideoloxía “sans-culotte”.
c. Como reflexo da intención social dos xacobinos antepón a igualdade ó resto dos dereitos.
20Que os Estados Xerais pasen a chamarse Asamblea Nacional implica...
a. Que o Rei deixa de ter calquera poder político porque a Nación é soberana.
b. Que non se acepta a existencia dun Contrato Social na orixe da nova sociedade política .
c. Que a nova Asemblea non representa por separado aos grupos sociais, senon que cada deputado representa a toda-la Nación.
21. Na Declaración de Dereitos do Home e do Cidadán, considerar a sociedade política constituida por ciudadáns e non por súbditos, implica...
a. Recoñecer que son suxeitos de dereitos políticos. P . ex. elexir e ser elexidos para participar nas institucións do Estado
b. Recoñecer que teñen un dereito inalienable e sagrado á vida e é felicidade
c. Recoñecer que os propietarios que viven en cidades terán os dereitos políticos que lles corresponden como ciudadáns

12 enero 2007

VINDEIRAS CONVOCATORIAS

O xoves ás 5 da tarde ( hora taurina, pero sen intención) recuperación da primeira avaliación.

O vindeiro venres 6 faremo-lo test sobre a revolución francoise e o imperio napoleónico, en ambos cursos.

E non esquezades para calquera día da semana os textos sobre a revolución: un tema e catro relaciones de conceptos.


¡Ánimo campiones!

04 enero 2007

problemas con la falta de la letra"ñ" (y como digo yo "coño los de logroño")

Image Hosted by ImageShack.us