28 octubre 2006

o test do 26 en 1º D

1. A Rev. Industrial xurdíu no Reino Unido…
2. Gracias á revolución agraria a revolución industrial puido dispoñer de…
3. A importancia das transformacións nos transportes que se deron antes da
4.A acumulación de capitais que foron investidos durante a Revolución Industrial inglesa veu principalmente:
5. A nova actividade económica, que era a industria segúndo o modelo da Revolució Industrial, precisaba grandes cantidades de man de obra que viñeron principalmente 6. A protoindustrialización no Reino Unido adoptou dúas formas principias:
7. A fonte de enerxía principal da Iª Rev Ind. foi..
8.A existencia en Gran Bretaña dun puxante comercio coas colonias durante o s. XVIII…
9. As transformacións que caracterizan á Revolución Industrial respecto de formas anteriores de producción manufactureira son:
10. O que coñecemos como “factory system” é unha forma de organiza-lo traballo industrial...
11. Chamamos sectores punteiros ós que...
12. A industria do algodón puido ser un sector punteiro porque nela...
13. Unha das claves do papel punteiro da industria siderometalúrxica foi ...
14. Gracias ó ferrocarril estimulouse...

26 octubre 2006

novos test


Este xoves a xente de 1º D terá que facer o test sobre a primeira Revolución Industrial,

O Luns serán os de 1º E, pero neste caso terán que facelo sobre as dúas fases da Revolución Industrial e máis a revolución demográfica

21 octubre 2006

A OUTRA HALF-TEST DO 20.10.06

8.- Unha das consecuencias que se derivan do modo de funcionamento do capitalismo contemporáneo é ...
9.-No modelo capitalista a actividade económica réxese según unha normas...
10.-No pensamento económico capitalista, o Estado...
11.-A reinversión sistemática dos beneficios...
12.-Posto que son considerados mercancías, os factores de producción...
13. A teoría da “ dobre revolución” que defende Hobsbawm...
14. Na sociedade de clases característica da Idade Contemporánea seus grupos sociais defínense...
15.Para a ideoloxía liberal o poder político debe organizarse, para respetar á vontade do pobo de quen nace todo poder e salvagardar seus dereitos, segundo o principio...
16. O grupo social que protagoniza os cambios fundamentais da época contemporánea é...

HALF-TEST DE HOXE. 20.10.06

1. As leis de "enclosures" ,a finais do s. XVIII na Gran Bretaña, permitiron...
2.- O modelo de propiedade sobre a terra que propón o capitalismo contemporáneo caracterízase por...
3.- Algúns dos avances técnicos propios da Revolución agraria son...
4.- Desamortización en España e "enclosures" en Gran Bretaña supuxeron...
5.- O capitalismo na agricultura do s. XVIII-XIX refléxase ...
6.-Segundo algúns autores a relación que podemos estabrecer entre a transformación agraria de finais do s.XVIII e a I0 Revolución Industrial é...
7.-Para o capitalismo clásico, o que motiva ós indivíduos na súas actuacións económicas é...

20 octubre 2006

¡AVISO IMPORTANTE!

Por razóns que teñen que ver co intercambio con Hungría, o vindeiro luns non poderei vir as clases( ou non a todas), así que temos que pospoñe-lo test sobre a revolución industrial ata o mércores.
Julián

16 octubre 2006

TEST bis E NOVO TEST.


Segundo acordamos na clase:
O vindeiro venres 20 as persoas que o desexen poderán repeti-lo test sobre a introducción da historia contemporánea (bloques), a dobre revolución e a revolución agraria.
O luns seguinte faremo-lo test sobre a revolución industrial

09 octubre 2006

AS RESPOSTAS CORRECTAS DO PRIMEIRO TEST


HISTORIA DO MUNDO CONTEMPORÁNEO. TEST.Capitalismo.Rev Agraria 9. X.06

1. As leis de "enclosures" ,a finais do s. XVIII na Gran Bretaña, orixinan... Unha modificación do sistema de propiedade da terra que impulsará, á vez, unha importante renovación técnica.
2.- Fronte ó modelo feudal de dominio compartido sobre a terra xurde, no marco do capitalismo contemporáneo... Un modelo de propiedade das terras que implica o libre uso e disposición das mesmas sen limitación algunha.
3.- Algúns dos avances técnicos propios da Revolución agraria son... A mecanización dos labores agrarios e o emprego de sistemas de cultivo intensivos (abandono do barbeito).
4.- Desamortización en España e "enclosures" en Gran Bretaña supuxeron...Unha transformación das formas de propiedade da terra que pasa a ser un ben privado e de mercado.
5.- Unha manifestación clave da introducción do capitalismo na agricultura do s. XVIII-XIX é... A dependencia respecto ós mecanismos de mercado, que é a quen vai destinada prioritariamen-te Á producción.
6.-As transformacións agrarias de finais do século XIX fixeron a esta actividade económica...Depender dun xeito crecente da producción industrial.
7.-Segundo algúns autores a relación que podemos estabrecer entre a transformación agraria de finais do s.XVIII e a I0 Revolución Industrial é... Que a primeira forma parte das precondicións que fixeron posible a segunda.
8.-Para o capitalismo clásico,o móbil que xustifica a actividade económica do indivíduos é...O afán de lucro.
9.-No capitalismo contemporáneo o desenvolvemento desigual (no nivel territorial)basease en...Unha división internacional do traballo que asigna a uns o papel de productor de materias primas e a outros o de productor de capitais e productos manufacturados.
10.-No modelo capitalista a actividade económica réxese según unha normas...Que forman parte da propia natureza da actividade económica.
11.-No pensamento capitalista de A. Smith o "soberano”, ou Estado... Non participa absolutamente en nada da vida económica.
12.-A reinversión sistemática dos beneficios...Asegura a transformación dos mesmos en capital.
13..-O feito de que os factores de producción teñan un precio nace de...A súa consideración como mercancías sometidas ás leis do mercado.
14. A teoría da “ dobre revolución” que defende Hobsbawm...Trata de explicar as orixes da época contemporánea como derivada dunha dobre transformación revolucionaria nos eidos económico(rev. industrial) e político(revs. francesa e americana)
15. No modelo social característico da Idade Contemporánea seus grupos sociais defínense... Atendendo a criterios económicos.
16.Para a ideoloxía liberal o poder político dos gobernantes debe partir ou derivar sempre... Da soberanía da nación ou pobo.
17. O grupo social que protagoniza os cambios fundamentais da época contemporánea é... A burguesía, urbana e industrial primordialmente.

05 octubre 2006

O PRIMEIRO TEST DE VERDADE

O vindeiro luns (9 de outubro) faremo-lo primeiro test que vai puntuar realmente para a cualificación da avaliación .

Á espera de confirmalo cos compañeiros de "E" , o primeiro parcial desta avaliación terá lugar o 13 de novembro.