05 diciembre 2006

EXAMEN 1º D Pregunta 1

1. Compón un tema co título:
A crítica das teorías contractualistas ó modelo político absolutista.
Lembra que debes contextualizar túa argumentación no tránsito do Antigo ó Novo Réxime.Deberás redactar un texto ben artellado e servirte (mediante citas deles) dos textosNon esquezas introducir brevemente e ordenar as ideas. (5 ptos)

“O poder soberano reside únicamente na miña persoa(…) A orde publica emana de min toda enteira, e tamén os dereitos e intereses da nación (…)repousan nas miñas mans”. Luís XV de Francia.1766

“A monarquía é a forma de goberno… que ten seu fundamento, o seu modelo, no imperio paterno. Os homes nacen todos súbditos, e o imperio paterno, que lles ensina a obedecer, afainos tamén a non ter máis ca un xefe(…) Pensade no príncipe no seu gabinete. De alí parten as ordes que fan actuar ós soldados, ós cidadáns, ás provincias. É a imaxe de Deus, quen, sentado, no seu trono máis alto dos ceos, fai funcionar toda a natureza”. Bossuet.1679

“Sempre que un certo número de homes se unen nunha sociedade renunciando cada un deles ao poder de executar a lei natural cedéndoa á comunidade, entón e só entón constitúese unha sociedade política ou civil. Este feito prodúcese sempre que certo número de homes que vivían no estado de natureza se asocian para formar un pobo, un corpo politico, sometido a un goberno supremo (…) Locke 1690

“Sostemos coma evidentes, por si mesmas, estas verdades: que tódolos homes son creados iguais; que son dotados polo seu Creador de certos dereitos inalienables entre os que sen contran a vida, a liberdade e a percura da felicidade; que para garantir eses dereitos institúense entre os homes os gobernos, que derivan seus poderes lexítimos do consentimento dos gobernados; que sempre que unha forma de goberno se faga destructoras deses principios o pobo ten dereito a reformala ou abolila…” Declaración de Independencia EEUU, 1776

“ Art. 3 O goberno está ou debe estar instituido para o beneficio, protección e seguridade común do pobo(…)
Art. 5 Os poderes lexislativo e executivo do Estado deben separarse e diferenciarse do xudicial”
Declaración de Dereitos de Virxinia , 1776

AS IDEAS QUE SE DEBERÁN TRATAR NO TEMA E QUE SE ATOPAN CONVINTEMENTE TRATADAS NOS DOCUMENTOS( QUE HABERÁ QUE CITAR) SON AS SEGUINTES (dende logo contextualizando os temas)

1. ORIXE DO PODER POLÍTICO.
Contraposición do modelo de poder derivado de Deus e da tradición, da providencia Divina...fronte ó modelo ilustrado de poder derivado do pacto que os homes en estado natural acordan facer para constituir os gobernos.

2. FINALIDADE DO PODER POLÍTICO
Contraposición entre un modelo que busca o ben común e a felicidade dos cidadáns fronte a outro que os considera como súbditos e que decide sen consulta o que convén ou non ós gobernados.

3. ORGANIZACIÓN DO PODER POLÍTICO
Contraposición entre un modelo de control do poder político mediante a división dos poderes fronte a outro de poder absoluto que concentra nas mans do monarca o poder todo.

4. LIMITES DO PODER POLÍTICO
Fronte o poder sen límites, absoluto, a consideración dos gobernados como súbditos (suxeitos de deberes e non de dereitos) e a inexistencia de elementos do propio sistema (leis, institucións) que limiten ó poder político; atopamos un modelo no que o poder político está limitado porque non pode traspasar nunca a "fronteira" dos dereitos das persoas e debe rexirse sempre por unha lei que lle marca os límites da súa actuación e que afecta por igual ós gobernados e ós gobernantes (Estado de dereito).

4 Comments:

Anonymous Anónimo said...

Na miña, opinión o examen(hai que ser sinceros) estivo nunha liña bastante acertada...é dicir,hai que pensar no curso que estamos...enton na miña opinión o exame era axeitado non era nin moi enrrevesado nen facil...é,o que se di loxico.Nin pa ti profe nin pa nós..
a suxerencia XFAVOR COLGA O XOVES AS NOTAS XA Q TE CNCTAS OU SE NON AS TES O SBADO Q SE NON NON PASAMOS AGUSTO A PONTE...
Por outra banda a miña suxerencia é que con este tema non fixeches tantos esquemas nin te paraches tanto(eu creo) como no capitalismo pode ser que teña menos que explotar esa parte...pero non sei..
por iso suxiro que ca rev francesa e as "precondicions"destas fagas esquemas e o "machakes" tanto como os rasgos do capitalismo...
sqaudiños,boa ponte

10:32 p. m.  
Blogger "er profe" said...

Hola anónimo/a:
Feliz día da "consti". Se me dá tempo, poño as notas pero non o podo asegurar.
Gracias por opinar. Respecto ós esquemas, penso que sí fixemos, pero, en calquera caso cada tema é diferente (un tema económico difire doutro político) e por outra banda creo que debemos apurar se queremos dar máis de tres temas ó longo do curso.
Julián

11:49 a. m.  
Anonymous Anónimo said...

Hola, pues yo creo q a m salió bstante ok..pero toy d acuerd n lo que dijo anónimo/a 1 XD, no profundizast tanto alomejr sq no t gust el tema tant jaja,y lo d la rev francesa parec + complicad asiq yo tb piens q quizás dberias hcr eskemas e insistir n ls concepts cm hciste n el primer examn. Es verdd q iriamos + lentos pero creo,profe que es mejor que ns qde bien una cosa que no que vyamos rapid y al dia siguiente del examn ya no sepamos de q va.

8:34 p. m.  
Blogger "er profe" said...

¡Guauuuuuuuuuuu! m gsta sto dl lenguaje mbilero. Pero para pder escribirlo yo tengo que pararme tanto que hago más rápido escribiendo a la antigua.
Respecto a tus sugerencias. Me gusta más el tema político-social que el económico. Creo que sí he dado esquemas pero lo tendré en cuenta.
Respecto a no preocuparse por avanzar hay que guardar un "justo medio". No tengo agobio por avanzar a toda costa, pero no hacerlo puede esconder pura comodidad por alguna de las partes ( o por las dos) y a la larga me lo echaríais en cara y con razón.

8:54 a. m.  

Publicar un comentario

<< Home